A) Os dereitos humanos na nosa campaña:
Os artigos que teñen que ver co noso tema son :
Artigo 12: Ninguén será obxecto de inxerencias arbitrarias na súa vida privada, a súa familia, o seu domicilio ou a súa correspondencia, nin de ataques á súa honra ou á súa reputación. Toda persoa ten dereito á protección da lei contra tales inxerencias ou ataques.
http://www.un.org/es/documents/udhr/
B) Os dereitos e deberes na Constitución española:
O artigo 40.2 :Os poderes públicos fomentarán unha política que garanta a formación e readaptación profesionais; velarán pola seguridade e hixiene no traballo e garantirán o descanso necesario, mediante a limitación da xornada laboral, as vacacións periódicas retribuídas e a promoción de centros axeitados.
O artigo 25.2 :As penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán orientadas cara á reeducación e reinserción social e non poderán consistir en traballos forzados. O condenado a pena de prisión que estiver a cumprir esta gozará dos dereitos fundamentais deste Capítulo, a excepción dos que se vexan expresamente limitados polo contido do fallo condenatorio, o sentido da pena e a lei penitenciaria. En todo caso, terá dereito a un traballo remunerado e aos beneficios correspondentes da Seguridade Social, así como ao acceso á cultura e ao desenvolvemento integral da súa personalidade.
O artigo 43.2:Para os que violen o disposto no apartado anterior, nos termos que a lei fixe estableceranse sancións penais ou, no seu caso, administrativas, así como a obriga de reparar o dano causado.
http://www.congreso.es/consti/constitucion/indice/titulos/articulos.jsp?ini=40&tipo=2
No hay comentarios:
Publicar un comentario