Páginas

Buscar este blog

miércoles, 12 de noviembre de 2014

Aquí un anuncio de como na realidade, e cada vez máis nenos e nenas teñen situacións de violencia de xénero nas súas casas.

Consumo de drogas.

Hoxe os deixamos un reportaxe sobre as drogas, concretamente a marihuana onde explican moi ben os efectos que deixa esta substancia tan "de moda".

http://galego.farodevigo.es/vida-y-estilo/salud/2014/11/11/consumo-marihuana-factores-influyen-efectos/1129636.html

Ademais xa falando das drogas, a entrevista no programa de cuatro "viaxando con chester" a Pedro García Aguado, xa que nos pareceu moi interesante e con relación ao que estamos a ver.
¡ Qué a disfrutedes!
http://www.cuatro.com/viajandoconchester/temporada-3/programa-2/pedro-g-aguado/Viajando_con_chester-Risto_Mejide-Hermano_mayor_2_1867455012.html

Princesas diferentes

Unha nai estadounidense, que ten unha filla que padece esta minusvalidez, lanza unha iniciativa para solicitar apoios. Quere que as princesas non se vexan preciosas co mesmo estereotipo de sempre, senón que con este proxecto vai máis alá querendo dicir que se poden ver bonitas cunha deficiencia coma esta.

Para leer máis sobre a nova, os deixamos a ligazón.
http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-361422-piden-disney-su-proxima-princesa-tenga-sindrome-down.html

Consumismo e contaminación do medio ambiente

Consumismo
O consumo de bens e servizos coñécese como consumismo. A publicidade dende distintos medios intenta levarnos a consumir cada vez máis, de maneira que esquecemos que no consumo debemos optar tamén por unha actitude responsable.
Publicidade, é unha técnica de comunicación para que as persoas consuman productos ou servizos de determinadas marcas. As empresas queren que compremos os seus productos e para iso nos estimulan cunhas ideas de necesidades que son as seguintes:
·         Necesidades básicas: son as que necesitamos satisfacer primeiro.
·         Necesidades de seguridade: son as relacionadas coas necesidades de protección ante o peligro.
·         Necesidades sociais: como a necesidade de pertencer a un grupo e de poder relacionarnos.
·         Necesidades de ego: como a de destacar nos estudos e no traballo.
·         Necesidades de felicidade: É a necesidade do ser humano de dar o máximo das súas habilidades.
Para ser consumidores responsables, debemos ter presente que non sempre necesitamos todo o que desexamos.
Consumo responsable
  • Debe de ser ético, temos que ter en conta os valores e a humanidade. Por exemplo se esta fabricado en fábricas con explotación infantil.
  • Consumo ecolóxico, Temos que ter en conta que a fabricación do producto sexa beneficiosa para o noso planeta.
*Fonte: Libro de educación a cidadanía; editorial Rodeira, Tema 5*



Contaminación do medio ambiente
A contaminación está a rematar coa vida de moitas especies. A súa proporción aumenta é o culpable somos todos nós. Sabemos que os humanos somos a raza máis lista, e aun así non somos capazes de coidar oo lugar onde vivimos… Neste século no que estamos con tanta tecnoloxía e solución a os problemas nada a mellorado, todo o contrario xa que se inventan materias químcos que empeoran moito as cousas. A poboación, o lixo, a destrución da capa de ozono son factores que destrúen ao medio. Un punto principal deste problema son as fábricas que despiden moito fume que contamina o aire que expiramos. Nós mesmos terminamos coas áreas verdes e iso non permite a osixenación do medio.
Se o ser humano puxese máis da súa parte para preservar todas as marabillas que o planeta ten como son a fauna, flora, clima, atmosfera, ríos, mares, bosques e nós mesmos, poderiamos vivir nun planeta fermoso.

http://www.monografias.com/trabajos94/contaminacion-del-medio-ambiente/contaminacion-del-medio-ambiente.shtml

Por último un vídeo sobre o tema:


martes, 4 de noviembre de 2014

Diario de sesións 5

Luns 3 de Novembro:
Hoxe completamos a entrada da pobreza e as desigualdades sociais para poder publicala .

Traballamos ben coma sempre repartindonos o traballo.


Martes 4 de Novembro:
Hoxe retocamos o blog, engadimos unha nova etiqueta con información que iremos completando e comezamos co punto de países en conflicto.

Traballamos correctamente e cada un fixo a súa parte.

Teatro contra os prexuízos.

As compañías Elefante Elegante e Redrum estrean unha nova obra de teatro chamada Roedores a cal , según palabras dun actor da obra :“Falamos dunha obra que xira ao redor da igualdade de xénero, de dereitos, de oportunidades;  busca fomentar todos estes valores sociais”.


Para máis información entra neste enlace:
http://praza.gal/cultura/8129/un-teatro-para-todos-e-contra-as-etiquetas/

lunes, 3 de noviembre de 2014

Pobreza e desigualdades sociais

Definición da pobreza según as Nacións Unidas :

 A ONU decidiu pobreza como " a condición caracterizada por unha privación severa de necesidades humanas básicas, incluíndo alimentos, auga potable, instalacións sanitarias, saúde, vivenda, educación e información. A pobreza depende non só dos ingresos monetarios senón tamén do acceso a servizos".

Que é considerado pobre en España? :

  Hai dúas aproximacións distintas ao concepto de pobreza:


  • Pobreza absoluta cando certos estándares mínimos de vida, tales como nutrición, saúde e vivenda, non poden ser alcanzados.
  • Pobreza relativa cando non se ten o nivel de ingresos necesarios para satisfacer todas ou parte das necesidades básicas.

Cantos fogares sofren da pobreza en España? :

 En España, son case 700 000 as familias que non teñen ingresos mensuais e moitas máis as que viven con menos de 600 euros ao mes.






Problemas sociais que afectan á poboación que sofre a pobreza en España :

Os maiores problemas sociais que se ven reflectidos no noso país por esta crise que estanse afrontando son  que menos fogares teñen aos seus fillos escolarizados e que consiguen rematar os seus estudos, desnutrición nas familias por non ter diñeiro para comprar os alimentos necesarios, máis ocupación en comedores sociais e un uso maior de axudas como caritas, UNICEF, ONU... para unha axuda humanitaria.

Que impactos está a ter a crises económica no colectivo infantil?

 Os máis pequenos son os máis afectados pola crise económica que temos no noso país. En España viven case 2,2 millóns de nenos e nenas en pobreza relativa. O 17,1% dos menores en España viven por debaixo do umblar da pobreza (15.820 euros anuais para unha familia de dous adultos e dous nenos), unha taxa que sitúa o noso país como o cuarto da Unión Europea coa proporción máis alta de nenos pobres.