Páginas

Buscar este blog

jueves, 26 de febrero de 2015

Cálculo da mostra para a realización das enquisas.

Ola! Aquí vos deixamos o cálculo da mostra para poder facer as enquisas na escola.

Número de alumnos por curso, claxe e sexo.

1ºESO - 60 alumnos (31 rapazas)
             1ºESO A - 30 alumnos (16 rapazas)
             1ºESO B - 30 alumnos (15 rapazas)

2ºESO - 63 alumnos (29 rapazas)
             2ºESO A - 32 alumnos (14 rapazas)
             2ºESO B - 31 alumnos (15 rapazas)

3ºESO - 56 alumnos (22 rapazas)
             3º ESO A - 28 alumnos (12 rapazas)
             3º ESO B - 28 alumnos (10 rapazas)

4º ESO - 57 alumnos (20 rapazas)
             4º ESO A - 28 alumnos (9 rapazas)
             4º ESO B - 29 alumnos (11 rapazas)

1ºBACH - 54  alumnos (25 rapazas)
            1ºBACH A - 32 alumnos (12 rapazas)
            1ºBACH B - 22 alumnos (13 rapazas)

2ºBACH - 45 alumnos (16 rapazas)
           2ºBACH A - 26 alumnos (9 rapazas)
           2º BACH B - 19 alumnos (7 rapazas)

Total alumnos: 335 alumnos
ESO - 236 (Fará falta unha mostra de 59 alumnos)
BACH - 99 (Fará falta unha mostra de 25 alumnos)

Cada individuo representa a 4

1ºESO
Colleremos unha mostra de 15 alumnos (60:4 = 15)
Rapazas: 31/4 = 8 rapazas
Rapaces: 15 - 8 = 7 rapaces

2ºESO
Colleremos unha mostra de 16 alumnos (63:4 = 16)
Rapazas: 29/4 = rapazas
Rapaces: 16 - 7 = 8 rapaces

3ºESO
Colleremos unha mostra de 14 alumnos (56:4 = 14)
Rapazas: 22/4 = rapazas
Rapaces: 14 - 6 = 8 rapaces

4ºESO
Colleremos unha mostra de 14 alumnos (57:4 = 14)
Rapazas: 20/4 = rapazas
Rapaces: 14 - 5 = 9 rapaces

1ºBACH
Colleremos unha mostra de 14 alumnos (54:4 = 14)
Rapazas: 25/4 = rapazas
Rapaces: 14 - 6 = 8 rapaces


2ºBACH
Colleremos unha mostra de 11 alumnos (45:4 = 11)
Rapazas: 16/4 = rapazas
Rapaces: 11 - 4 = 7 rapaces


Para realizar a enquisa dividirémonos en parellas, María/Alba e Mario/Alejandro
María e Alba terán que enquisar as seguintes persoas:
1ºESO - 4 rapazas/ 3 rapaces
2ºESO - 3 rapazas/ 5 rapaces
3º ESO - 3 rapazas/ 4 rapaces
4ºESO - 2 rapazas/ 5 rapaces
1ºBACH - 3 rapazas/ 4 rapaces
2ºBACH - 2 rapazas/ 3 rapaces

Mario e Alejandro terán que enquisar as seguintes persoas:
1ºESO - 4 rapazas/ 4 rapaces
2ºESO - 4 rapazas/ 4 rapaces
3ºESO - 3 rapazas/ 4 rapaces
4ºESO - 3 rapazas/ 4 rapaces
1ºBACH - 3 rapazas/ 4 rapaces
2ºBACH - 2 rapazas/ 4 rapaces


martes, 24 de febrero de 2015

Preguntas da enquisa

Aqui vos deixamos as preguntas da nosa enquisa sobre Os prexuizos Sociais e racistas:

1. Qué opinión tes sobre Os prexuizos Sociais e Racistas?

- Páreceme inxusto que se dea esta situación
- Dame igual, é un tema irrelevante na miña vida.
- Páreceme ben que existan desigualdades entre as persoas
- NS/NC

2. Percibes que algunha publicidade cree un estereotipo ou incite á discriminación?

- Seguramente
- Si, o percibo
- Non, non teño idea
- NS/NC

3. Imaxina que presencias unha situación de racismo: un rapaz branco esta a pegar a unha rapaza de cor por ser como é. Que farias?

- Axudar á rapaza e frear a pelexa.
- Ver a pelexa pero non reaccionar ou pasar de largo.
- Incitar a pelexa.
- NS/NC

4. Se o teu fillo ou filla fora homosexual, cómo reaccionarias?

- Daríame igual
- O botaría da casa
- Costaríame aceptalo pero ao final o faría.
- NS/NC


5.Cres que os Prexuizos Sociais e racistas son un problema actual?
-Sí
-Non
-Ao mellor
-NS/NC


6. Crees que os prexuízos sociais e racistas poderánse erradicar nalgún día?
-Si
-Non
-Ao mellor
-NS/NC


7.Que pensas das parellas homosexuais?
- As odio
-Son algo normal-Síntome incómodo ao velas-NS/NC


8.Que opinas das persoas de cor?
-Non deberían estar aquí
-Son parte da sociedade
-Gústame estar con elos
-NS/NC


9. Sentes algún tipo de rexeitamento contra cara as persoas estranxeiras?
-Si
-Non
-NS/NC

10.Se foses vitima dos Prexuizos sociales como te sentirías?
-Daríame igual
-O aceptaría
-Buscaría un remedio
-NS/NC

lunes, 23 de febrero de 2015

DIARIO DE SESIÓNS 5

DIARIO DE SESIÓNS - 5
DATA: 23/02/2015

María B.S.
Tarefas realizadas nesta sesión - Realizou 5 preguntas para a enquisa xunto con Alba
Valoración - Convivencia - 4 // Traballo - 4 // Conversa - 4

Mario C.A.
Tarefas realizadas nesta sesión - Realizou 5 preguntas para a enquisa xunto con Alejandro
Valoración - Convivencia -  2// Traballo -  2// Conversa - 2
Costoulle empezar a adaptarse ao traballo, ao final traballou de forma eficaz.

Alba D.C.
Tarefas realizadas nesta sesión - Realizou 5 preguntas para a enquisa xunto con María
Valoración - Convivencia - 4 // Traballo -  4// Conversa - 4

Alejandro G.F.
Tarefas realizadas nesta sesión - Realizou 5 preguntas para a enquisa xunto con Mario
Valoración - Convivencia -  3 // Traballo - 3 // Conversa - 3



Traballo en equipo (Valoración)
Habilidades de convivencia
1. Xenera conflitos de xeito habitual.
2. Non se implica no progreso do grupo, aínda que cumpre os cometidos básicos.
3. Xera bo ambiente de traballo e achega ideas e suxestións.
4. Fomenta as boas relacións entre todos os membros do grupo.
Traballo en equipo
1. Non cumpriu o seu traballo
2. Cumpriu, aínda que houbo que estar pendente de que o fixese.
3. Fixo o que lle correspondía eficientemente.
4. Fixo as súas tarefas e axudou aos demais a acadar as súas.
Interacción na conversa
1. Non participou nin con opinións nin con achegas propias.
2. Participou de xeito moi puntual.
3. Escoita con interese e participa dando ideas.
 4. Participa, escoita con atención e anima a que todo o mundo achegue ideas novas.

lunes, 2 de febrero de 2015

DIARIO DE SESIÓNS 4

DIARIO DE SESIÓNS - 4
DATA: 2/2/2015

María B.S.
Cumpriu coas tarefas asignadas na sesión anterior - Traballou de forma rápida e efectiva, non houbo problemas.
Tarefas realizadas nesta sesión - 
Valoración - Convivencia - 4 // Traballo - 4 // Conversa -4

Mario C.A.
NON ASISTIU

Alba D.C.
Cumpriu coas tarefas asignadas na sesión anterior - Traballou de forma rápida e efectiva, non houbo problemas.
Tarefas realizadas nesta sesión - 
Valoración - Convivencia - 4 // Traballo -  4// Conversa -4

Alejandro G.F.
Cumpriu coas tarefas asignadas na sesión anterior - Traballou de forma rápida e efectiva, non houbo problemas.
Tarefas realizadas nesta sesión - 
Valoración - Convivencia -  4// Traballo - 4 // Conversa - 4



Traballo en equipo (Valoración)
Habilidades de convivencia
1. Xenera conflitos de xeito habitual.
2. Non se implica no progreso do grupo, aínda que cumpre os cometidos básicos.
3. Xera bo ambiente de traballo e achega ideas e suxestións.
4. Fomenta as boas relacións entre todos os membros do grupo.
Traballo en equipo
1. Non cumpriu o seu traballo
2. Cumpriu, aínda que houbo que estar pendente de que o fixese.
3. Fixo o que lle correspondía eficientemente.
4. Fixo as súas tarefas e axudou aos demais a acadar as súas.
Interacción na conversa
1. Non participou nin con opinións nin con achegas propias.
2. Participou de xeito moi puntual.
3. Escoita con interese e participa dando ideas.
 4. Participa, escoita con atención e anima a que todo o mundo achegue ideas novas.

COMO PREVIR?

LISTADO DE MEDIDAS PREVENTIVAS

-Os gobernos crearon unha serie de leis ou similares que prohiben todo tipo de discriminación ou desprezo cara a persoas doutro sexo , nacionalidade , raza , etc...
-Diversas ONG's elaboraron e elaboran diferentes plan de acción contra o racismo e a xenofobia.Na participación sociedade creouse unha rede da sociedade civil para que monitoree e dirixa as manifestacións de racismo.
-Estableceronse diferentes leis univerasales para loitar contra o racismo .Tamén realízanse convencións para concienciar e previr de todas estas formas de discriminación racial. 
-A BOE é unha lei que está en vigor dende o 1 de Xulio de 2010 aproba o reglamento de prevención da violencia, racismo, xenofobia e intolerancia no deporte.
-Nalguns países con poboacions indíxenas creáronse leis de protección á estas comunidades.
-Existen comisións nas Nacions Unidas dedicadas exclusivamente a tratar con estes temas.



Exemplos reais

-Un exemplo que se debe a varios prexuizos sociais foi a gran loita que provocaron os Nazis por creerse superiores ao resto das razas , encarceando e matando a xudíos e homosexuais.
-Cada vez máis grupos de persoas loitan e reclaman medidas preventivas contra a violencia machista e, co paso do tempo estan a facerse oír.
-Acutalmente, existen actos reivindicativos para loitar contra  a violencia machista, entre eles representacións de teatro, faladoiros ou actos de concienciacion para adolescentes e nenos.
- O apartheid foi  un sistema de separación racial producido en Sudáfrica e Namibia , o cal consistía na creación de lugares para persoas de cor e persoas brancas, e o poder da raza branca para votar.

Aquí vos mostramos unha páxina onde podemos atopar 10 exemplos de  homofobia en medios de comunicación , ademais de un video que sacamos desta páxima para que se nojn podedes entrar o vexades dende aquí:

(proximamente el video)